Visita ao Museo Provincial de Lugo

A profesora Pilar Rey realizou a saída a Lugo para traballar alí a lectura dos Contos do Museo.

Como cada ano, o alumnado fixo un percorrido guiado pola Muralla de Lugo así como polo museo, onde levaron a cabo unha actividade relacionada coa lectura dos Contos de Medo que realizan durante o curso.

museo-provincial-lugo-14

Charla sobre o Sistema Solar e os planetas extrasolares

O xoves día 8 de Maio os alumnos de 3º de ESO asistimos a unha charla sobre o sistema solar, impartida por Pedro Pablo Campo, do Observatorio Astronómico «Ramón María Aller» da Universidade de Santiago.

Pareceunos unha charla tan interesante e amena que se nos fixo curta pois gustaríanos que durase aínda máis.

Estaba moi ben preparada, con imaxes que reflectían perfectamente o que se estaba explicando.

Quedounos moi clara a influencia que ten a lúa nas mareas. Tamén comprendemos grazas a esta charla a desaparición de Plutón como planeta e por que non pode haber vida nos planetas excepto en Marte do que nos impactou moito a existencia do monte Olimpo e que podía ser reflexo da Terra dentro duns anos.

Descubrimos que hai zonas claras e escuras no Sol dependendo da temperatura e que en Venus é imposible a vida.

Gustaríanos que falase un pouco máis da Terra.

Recomendamos esta charla a todos os alumnos pois está feita nunha linguaxe moi adaptada ao noso nivel.

Charla_O-sistema-Solar-e-os-planetas-extrasolares

Saída ao teatro: “Pelos na Lingua” de Talía Teatro

O alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha saída a Santiago coa profesora Rosa Conde para asistir á representación da obra de teatro “Pelos na lingua” a cargo do grupo Talía Teatro.

A experiencia foi moi satisfactoria pois o alumnado apreciou a ironía e humor presentes na obra así como a necesidade da toma de conciencia da situación do galego na sociedade actual.

pelos-na-lingua_01

pelos-na-lingua_02

Charla de Xosé Antón Cascudo sobre Xosé María Díaz Castro

Xosé Antón Cascudo veu presentar o seu documental sobre o autor a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Veciño deste, Xosé Antón, logo de visualizar o documental, entablou un coloquio co alumnado de 2º de bacharelato nas dúas sesións que realizou cos diferentes grupos. Quedou moi satisfeito coa maneira en que respondeu o alumnado.

Charla_X-A-Cascudo

Recital Lado-Aldao

María Lado e Lucía Aldao xa levan moitos anos percorrendo Galicia cos seus espectáculos. María ten unha extensa obra publicada tanto individualmente como en creacións colectivas. Ela recita os seus poemas mentres Lucía deleita ao público coa súa guitarra e a súa voz. Lucía, premiada en varias ocasións ao igual que María, aproveitou para comentar con ela algunhas anécdotas das súas actuacións, que encheron de risas o salón de actos.

Lado-Aldao-14_01

O alumnado de ESA, PCPI vol. e EBI participaron con elas da creación dun poema colectivo e souberon apreciar o seu traballo, pois para eles era un xeito diferente de achegarse á poesía.

Elas dúas quedaron encantadas cun público de adultos nun instituto gozando do seu espectáculo ” Moita poesía, pouca diversión”.

Lado-Aldao-14_02

Visita á Casa Museo de Emilia Pardo Bazán

A visita forma parte do programa de actividades previstas para o desenvolvemento do programa de igualdade “Donas de si” no que participa alumnado de 4º de ESO e 1º Bacharelato. Á visita tamén asistiu alumnado da Aula Específica.

O noso centro participa con un proxecto que se chama “Mulleres na liña do tempo”. Trátase dun proxecto multidisciplinar que ten como finalidade despertar no noso alumnado unha conciencia social e cidadá que lle permita detectar e rexeitar todo tipo de discriminación por razón de xénero, así como todos aqueles estereotipos sexistas que teñan como consecuencia a desigualdade social.

Para conseguir esta finalidade propoñemos dúas liñas de estudo; por unha parte a análise e reflexión sobre o papel da muller na sociedade do século XIX a partires do visionado da película “A condesa rebelde”, co personaxe de Emilia Pardo Bazán como protagonista, e por outra, a investigación de mulleres que coas súas accións desde os diferentes ámbitos marcaron fitos históricos, contribuíndo á igualdade social.

Deste estudio sairán dous tipos de traballos que está a elaborar o alumnado participante: Unha liña do tempo on line con información sobre as mulleres investigadas, que proximamente publicaremos na web do centro, e un móbil con láminas en papel fotográfico para expoñer na entrada do instituto.

cm_emilia-pardo-bazan_02

XX Certame literario «Alberto Romasanta»

 
cartel_certame-literario-2014
 

BASES DO CERTAME LITERARIO «Alberto Romasanta»” 2014

 
a.- Poderán concorrer a este certame literario os alumnos e alumnas matriculados/as en calquera dos dous centros educativos no presente curso académico 2013-2014.

b.- Establécense tres niveis de participación nas modalidades de RELATO e POESÍA:

NIVEL 1.- Alumnado PRIMEIRO CICLO da ESO.
NIVEL 2.- Alumnado SEGUNDO CICLO da ESO.
NIVEL 3.- Alumnado BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS.

c.- En cada nivel concederanse un primeiro premio (60 euros) e un segundo (30 euros) correspondentes ás modalidades de RELATO e  POESÍA. De estimarse oportuno, o xurado poderá outorgar algún accésit ou poderían quedar desertos.

d.- De cada traballo achegaranse tres copias mecanografadas dentro dun sobre pechado no que constará:

– LEMA ou PSEUDÓNIMO do alumno/a.
– NIVEL no que se participa.
– MODALIDADE (relato ou poesía).

Dentro do sobre grande irá outro máis pequeno pechado, co mesmo lema ou pseudónimo, onde se incluirá:

– NOME E APELIDOS.
– CURSO, GRUPO e CENTRO no que está matriculado/a.

e.- O tema e extensión serán libres e os traballos entregaranse nas Secretarías dos Institutos antes das 12:00 horas do día 24 DE ABRIL DE 2014. A entrega dos premios realizarase no IES Campo de San Alberto nun acto que se celebrará o día 16 de Maio.

f.- O xurado estará formado por membros dos EDLG e o seu fallo será inapelable.

g.- A presentación ao Certame, implica a aceptación das devanditas bases.
 

Noia, marzo de 2014