Día da Ciencia en Galego

No IES Campo de San Alberto celebramos o día da Ciencia en Galego o día 11 de Novembro ás 16:20 h. O acto foi organizado polo Departamento de Física e Química e dirixido ao alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

Dado que este curso se recomendaba relacionar Arte e Ciencia, solicitamos a colaboración de Margarita Cimadevila, pintora e profesora de Física e Química no Instituto “Urbano Lugrís” de A Coruña. Natural de Sada (A Coruña), Margarita iniciou a súa obra pictórica con temas relacionados coa cultura galega e o mar; pero a raíz dunha estancia no CERN, Centro Europeo de Física de Partículas e, dentro das actividades da Escola Internacional para profesores, comezou a inspirarse nos apuntes e charlas que alí recibía.

Na súa conferencia, titulada “Science, Art and CERN”, a profesora describíunos a súa experiencia no CERN, onde estivo becada por un mes e, a cambio, tería que facer una labor de difusión do propio CERN no seu lugar de orixe. Cumpriu este compromiso amplamente integrando conceptos de Física e Química dentro da súa obra pictórica.

En case todas as súas obras aparecen caracoles mariños (influencia da súa orixe na beiramar), así como diferentes contidos de Física e Química: os símbolos dos elementos químicos, a táboa periódica, electróns, neutrinos e outras partículas elementais, as ecuacións de Planck, Einstein, a radiactividade …

Agradecemos a Margarita a súa participación neste acto cultural.

Dia-da-Ciencia-en-Galego

Advertisements

A entrega dos premios Contos de Medo

Estes contos que estades a ler foron premiados na celebración do día do Samaín. Un equipo de alumnos de 4º ESO foi o encargado de decorar o salón de actos así como de presentar e entregar os agasallos aos premiados. Dámoslles as grazas a todos eles pola súa colaboración e parabéns aos prometedores escritores.

Acto da entrega dos premios

Acto da entrega dos premios

Decorando o Salón de Actos

Decorando o Salón de Actos

Accésit do Concurso Contos de Medo

O xurado do concurso de Contos de Medo, composto por alumnado de 4º de ESO, concedeu o accésit ao relato “A boneca”, de Adriana Iglesias Martínez, alumna de 2º de ESO.
 

A boneca

 
Carlota tiña oito anos. Era baixa para a súa idade, pero era moi, moi fraca. Aparentemente era unha nena normal; ía ao “cole”, suspendía ou aprobaba, tiña amigos e tamén inimigos … Pero tiña unha obsesión coas bonecas. Adorábaas. No seu cuarto, en vez de ter libros ou pósters do seu ídolos, tiña todo adornado con bonecas. E todas e cada unha delas tiña un nome diferente; Lola, Mónica, María, Lucía … Pero a súa boneca favorita chamábase Lucinda. O único que podería ver unha persoa de diferente e único nesa boneca era o seu pelo: de cor azul. Pero para Carlota era a súa mellor amiga. Cada vez que tiña un novo segredo, Lucinda era a primeira en sabelo. Cando Carlota se sentía triste, abrazaba a Lucinda para sentirse mellor.

Outra cousa que tiña Lucinda de único e especial era que foi a única boneca que Carlota foi capaz de elaborar ela mesma. Así a boneca tiña máis dun defecto, pero a Carlota dáballe igual.

Pasaron os anos e Carlota foi madurando. Cando tiña 15 anos, xa tirou ó lixo todas as súas bonecas. Todas, excepto Lucinda. Pero aínda que a seguira conservando, non lle facía moito caso.

Un día foi quedar coa súa mellor amiga, Xulia, á que tamén de pequena lle encantaban as bonecas. Xulia e Carlota eran iguais: almas xemelgas. Xulia tamén conservaba a súa mellor boneca.

Cando Carlota chegou xunto a Xulia, observou que esta non tiña moi boa cara.

– Xulia,estás ben?

– Carlota … a miña boneca intentou matarme!

– Pero que dis, oh? Ti estás tola ou que?

– Escóitame que non teño tempo. Eu destruín a miña boneca. Faime caso, e fai ti o mesmo, e se non … a boneca asasinarate. Por favor, sé razoable e faime caso.

– Vaia … que unha boneca, Xulia, UNHA BONECA! Intentara matarme, síntoo pero non soa nada razoable.

Despois desta discusión, non volveron a falarse durante varias semanas. Xulia estaba cada vez máis e máis nerviosa; a vida da súa mellor amiga preocupábaa moito. E aínda se preocupou máis cando non respondía ás súas chamadas.

Ata que un día, cansa de non recibir resposta ningunha, Xulia foi á casa de Carlota nunha aldea cercana á súa cidade.

Tardábase 30 minutos en chegar pero a Xulia non lle importou. Ao chegar á casa da súa amiga, a encontrou moi cambiada, como se houbese un terremoto nela. Xulia entrou … a porta estaba aberta!

Foi ao salón e atopouse co pai de Carlota …. morto! Xulia berrou e se foi á cociña, onde se encontrou coa nai de Carlota decapitada. Xulia berrou aínda máis:

– Carlota, Carlota! Onde estás? Carlotaaaa!

Rexistrou todo a casa e por último foi ao cuarto de Carlota. E alí estaba, sentada na cadeira do seu escritorio.

– Carlota! oh, Carlota …

Acercouse a ela e berrou. Berrou, chorou e se retorceu da dor. Carlota estaba morta, moi morta. Faltábanlle os ollos e alguén abriulle o peito e a barriga para quitar todos os seus órganos.

– A boneca … a maldita boneca … – dicía Xulia entre sollozos.

Oiu uns pasos detrás dela e viu a Lucinda cuberta de sangue por toda a cara e por todos os brazos.

– Estúpida caníbal! Como puideches facerlle isto a Carlota? Ela creoute!

Pero a boneca Lucinda non respondeu, senón que cravou os seus afiados dentes no pescozo de Xulia …. para comezar a comela pouco a pouco.
 

Adriana Iglesias Martínez, 2º de ESO.

3º Premio do concurso Contos de Medo

O xurado do concurso de Contos de Medo, composto por alumnado de 4º de ESO, concedeu o terceiro premio ao relato “Estrañas casualidades”, de Zayra García Rodríguez, alumna de 1º de ESO.
 

Estrañas casualidades

 
Sandra tiña 15 anos. Encantábanlle as historias de terror e de pantasmas e adoitáballas contar ás súas amigas do “cole” polas tardes ata que tiñan que marchar á casa case anoitecendo. Así pasaban moitas tardes. E sempre antes de volver á casa, as chicas avisaban a Sandra de que se logo non podían durmir “íanse enteirar“.

Unha tarde, facendo un traballo na casa de Lorena, relatou unha das súas historias. Era una historia realmente aterradora e Lorena quedou bastante asustada. Quería devolverlle a moeda. Así que díxolle:

– “Agora contareiche eu o que che vai pasar e verás que medo. Cando vaias para a casa un señor con maletín, vestido de negro e con bigote perseguirate para matarte.”

Sandra riu, pero ao regresar a historia rondáballe pola cabeza e andou cunha obsesión total. Aínda que o que realmente podía asustarlle sería un home cun maletín, vestido de negro e con bigote, e deses non houbo ningún polo camiño.

Chegou á casa e comprobou que o ascensor non funcionaba, e tivo que subir oito pisos a pé. Pero a metade de camiño sentiu as pernas caídas e case perde o equilibrio. Fronte á porta dunha casa, esperando o ascensor, había un señor traxeado de negro, con bigote e un maletín. Cos nervios a flor de pel, case a punto de gritar, correu escaleiras arriba sen pararse a pensar se o home a seguía.

Que aterradoras poden ser as casualidades! Ou foi una visión de Lorena? Quen sabe…… o seguinte podes ser ti!
 

Zayra García Rodríguez, 1º de ESO.

2º Premio do concurso Contos de Medo 2013

O xurado do concurso de Contos de Medo, composto por alumnado de 4º de ESO, concedeu o segundo premio ao relato “A Mansión Píntega”, de Adriana Quesada Ogando, alumna de 1º de ESO.

A Mansión Píntega

 
Era o primeiro día de Eva na mansión Píntega. Ía co seu irmán maior, a súa nai e o seu pai. Ela ía moi nerviosa, pois aquela mansión tiña moi mala fama, incluso a lenda de que …

Fai moitos anos aquilo era unha igrexa onde as parellas máis ricas casaban. Un día unha das parellas máis ricas e respectables do pobo decidiu casar alí. O día da voda a noiva levaba un dos vestidos máis caros que puido atopar, pertencera á raíña de España, que o día da súa voda fora asasinada en estrañas condicións.

O vestido era branco, longo e con bordados de fío de ouro. Mentres a noiva camiñaba cara o altar as luces apagáronse e ao prenderse, a noiva tiña a roupa manchada de sangue, un coitelo na man dereita e unha cruz na man esquerda, as flores da súa coroa estaban secas e levaba os cabelos cara diante. De repente volvéronse apagar as luces, e ao prenderse de novo a noiva xa non estaba, só estaba no chan e morto o noivo, ou mellor dito o ex noivo.

Despois dese estraño suceso a igrexa pensouse que estaba maldita e prendérona . No seu lugar fíxose a mansión Píntega, e crese que esta tamén está maldita.

Eva cría nesas cousas, e os seus compañeiros antes da mudanza contáronllas, así que ía morta de medo. Estaba todo o tempo dicíndolles aos pais:

– Demos media volta! Aínda estamos a tempo.

Pero os pais só lle contestaban:

– Iso que che contaron eses rapaces é mentira, sacárono dalgunha novela. Esas supersticións son ridículas, deberían de poñerse a estudar e deixar de ver tanto a tele.

Eva so buscaba que o seu irmán maior lle dera a razón, ou que lle axudase a convencer aos pais de dar media volta. Pero el non respondía como ela quería. Ademais xa era demasiado tarde, a mansión xa estaba á vista de toda a familia, o primeiro que se podía apreciar eran os teitos de cor morada escura. Ao estar xusto ao lado dela os pais baixaron do coche para descargar as cousas da mudanza, mentres os fillos ían mirar a mansión por dentro.

Nada máis entrar Eva mirou os altos teitos e fixouse en que en cada parede había unha cruz; as portas tiñan pintadas vermellas, e non había lámpadas, só candelabros prendidos polas persoas que esperaban a familia. Pero nunha parede había algo diferente que as demais non tiñan, había un retrato dunha muller de ollos azuis, largos cabelos dourados, pálida e de rostro alongado. Eva non lle sacaba o ollo de encima a ese retrato, dáballe a impresión de que os ollos lle seguían. De repente entrou unha descoñecida pola porta, e ao ver a Eva díxolle:

– Asombrada co cadro?

Seguir lendo

1º Premio do concurso Contos de Medo 2013

O xurado do concurso de Contos de Medo, composto por alumnado de 4º de ESO, concedeu o primeiro premio ao relato “Martiño e os zombis”, de José Pérez Fernández, alumno de 1º de ESO.

Martiño e os zombis

 
Martiño era un rapaz de 12 anos alegre e deportista. Non era nin alto nin baixo, con pelo e pel escuros.

Este mes do outubro estaba inquedo, máis ben desde finais do mes de agosto, pois comezaba o primeiro curso de ESO no instituto e tiña que ir a outro pobo, coller o autobús diariamente e viaxar media hora, percorrer algunhas rúas aínda descoñecidas, e volta ao mesmo.

Por se non tiña suficiente, na súa aula, non había ningún rapaz do seu pobo, non coñecía a ninguén.

Un día que faltou a profesora de matemáticas, Martiño foi á biblioteca do instituto a facer os deberes. Cando estaba facendo as tarefas mirou para os estantes da parede e decatouse de que os libros tiñan ollos.

– Isto é imposible. Pensou.

Volveu a mirar agora xa non tiña ollos, senon tamén, tiñan boca, e horrorosa, chea de dentes podres.

Volveu ás súas tarefas, pero a curiosidade picoulle e mirou de novo cara os libros: tiñan pés e mans!!

Comezou a asustarse, mirou todos os lados da biblioteca e estaba só, nin tan sequera a profesora encargada da biblioteca estaba. Sentiu medo, as verbas non lle saían da súa gorxa, quería gritar pero non era capaz, volveu a mirar e os libros saían dos seus andeis e viñan cara el con moi malas intencións, eran libros-zombis, pero o peor é que detrás tamén estaban os seus compañeiros de clase e os seus profesores que convertidos en zombis camiñaban detrás dos libros e lle gritaban:

– Martiño non escapes, ven con nós!!

Tiña qu saír, tiña que escapar cando xa se lle acercaban moito puido por fin levantarse, poñer a chaqueta, coller a mochila, pero cando saía pola porta unha man agarrouno polas costas e díxolle:

– Martiño!! Martiño!! non marches, non se vai á escola en pixama.

Díxolle a súa nai. Martiño de súpeto espertou, fora todo un pesadelo. Estaba en pixama cun anorak por riba e con mochila na porta da súa casa, pero como chegara ata alí sen espertar??

FIN

 

Antón A. Pérez Vázquez, 1º ESO.

 

Samaín

samhain13_01

O pasado mércores día 30 de outubro celebrouse o samaín. A quinta hora, o alumnado de 1º e 2º da ESO, reuniuse no salón de actos, a celebrar o samaín e a entrega de premios, o máis emocionante, había cartos !!!!! Eu estaba todo contento con que me tocara, pero resulta que a ninguén de 2º lle tocou, parece mal que non lle tocara a ninguén 😦

Despois, procedeu a entregar os premios das cabazas de magosto, tocoulle a María Creo de 2º da ESO. Máis tarde fomos ao magosto, as castañas estaban quentes !!! Unha nena queimoume con unha.

Álex, 2º ESO.

samhain13_03

samhain13_02