2º Premio do concurso Contos de Medo 2013

O xurado do concurso de Contos de Medo, composto por alumnado de 4º de ESO, concedeu o segundo premio ao relato “A Mansión Píntega”, de Adriana Quesada Ogando, alumna de 1º de ESO.

A Mansión Píntega

 
Era o primeiro día de Eva na mansión Píntega. Ía co seu irmán maior, a súa nai e o seu pai. Ela ía moi nerviosa, pois aquela mansión tiña moi mala fama, incluso a lenda de que …

Fai moitos anos aquilo era unha igrexa onde as parellas máis ricas casaban. Un día unha das parellas máis ricas e respectables do pobo decidiu casar alí. O día da voda a noiva levaba un dos vestidos máis caros que puido atopar, pertencera á raíña de España, que o día da súa voda fora asasinada en estrañas condicións.

O vestido era branco, longo e con bordados de fío de ouro. Mentres a noiva camiñaba cara o altar as luces apagáronse e ao prenderse, a noiva tiña a roupa manchada de sangue, un coitelo na man dereita e unha cruz na man esquerda, as flores da súa coroa estaban secas e levaba os cabelos cara diante. De repente volvéronse apagar as luces, e ao prenderse de novo a noiva xa non estaba, só estaba no chan e morto o noivo, ou mellor dito o ex noivo.

Despois dese estraño suceso a igrexa pensouse que estaba maldita e prendérona . No seu lugar fíxose a mansión Píntega, e crese que esta tamén está maldita.

Eva cría nesas cousas, e os seus compañeiros antes da mudanza contáronllas, así que ía morta de medo. Estaba todo o tempo dicíndolles aos pais:

– Demos media volta! Aínda estamos a tempo.

Pero os pais só lle contestaban:

– Iso que che contaron eses rapaces é mentira, sacárono dalgunha novela. Esas supersticións son ridículas, deberían de poñerse a estudar e deixar de ver tanto a tele.

Eva so buscaba que o seu irmán maior lle dera a razón, ou que lle axudase a convencer aos pais de dar media volta. Pero el non respondía como ela quería. Ademais xa era demasiado tarde, a mansión xa estaba á vista de toda a familia, o primeiro que se podía apreciar eran os teitos de cor morada escura. Ao estar xusto ao lado dela os pais baixaron do coche para descargar as cousas da mudanza, mentres os fillos ían mirar a mansión por dentro.

Nada máis entrar Eva mirou os altos teitos e fixouse en que en cada parede había unha cruz; as portas tiñan pintadas vermellas, e non había lámpadas, só candelabros prendidos polas persoas que esperaban a familia. Pero nunha parede había algo diferente que as demais non tiñan, había un retrato dunha muller de ollos azuis, largos cabelos dourados, pálida e de rostro alongado. Eva non lle sacaba o ollo de encima a ese retrato, dáballe a impresión de que os ollos lle seguían. De repente entrou unha descoñecida pola porta, e ao ver a Eva díxolle:

– Asombrada co cadro?

– Si, parece que os ollos che seguen vaias onde vaias.

Respondeu Eva contenta de ter deixado de mirar aquel arrepiante cadro. A muller respondeulle con aire misterioso:

– Non só che seguen os ollos, tamén che segue a muller. Ela é unha das protagonistas da lenda máis famosa de aquí. Coñécela?

Eva non contestaba, estaba pensando que era iso de que tamén che perseguía a muller. Despois dun incómodo rato de silencio, dixo:

– Por desgraza xa a coñezo, pero… Que é iso de que tamén che persegue a muller?

– A muller do cadro é Catalina Píntega, se sabes a historia, imaxino que xa a coñeceras. O de que a muller che segue tamén é que polas noites sae do cadro e recorre o salón, sen facer nada a ninguén que non a vexa. Se es medosa e non queres ver isto, non te levantes despois das doce, dúrmete profundamente, fai o que podas para non vela. Por que se a ves cantará unha canción e quedarás durmida para sempre, a no ser que cante esa mesma canción pero do revés.

Eva preguntáralle de todo sobre Catalina Píntega, pero escapóuselle un detalle, que lle preguntou ao volver en si:

– Por certo … e ti quen es?

– A! Desculpa os meus modais, eu son Carolina, a serventa que teredes na vosa estancia aquí.

– Por certo … pódoche preguntar que hora é?

Dixo Eva con medo a que foran as doce, cando Carolina mirou o reloxo dixo:

– Maldita sexa! Corre, sae da mansión e non deixes que ninguén entre, durmide no coche.

Eva saíu correndo de alí, non era unha broma o que dicía Carolina. Así que ao saír díxolles aos pais:

– Sinto moito dicirvos isto, pero non podemos durmir hoxe na mansión. As habitacións aínda non foron comprobadas. E non se sabe se é resistente a madeira do chan, porque anda un pouco podre.

Os pais non responderon ben a iso, o que dixeron foi:

– Deberían de mirar iso antes de chamar a xente, non sei como seguen vendendo casas. Deberíamos marchar a outra casa, pero esta xa está pagada, se non, non seguiriamos aquí.

– Xa papá, pero isto é o que hai. Por favor prepara o coche, que xa teño sono. Cando todos estaban xa durmidos Eva miraba o ceo preguntándose por que a pantasma non cruzara xa ao outro mundo, e que outros misterios lle escondía a mansión. Ao día seguinte Eva madrugara, a curiosidade a levaba a preguntarlle de todo a Carolina. Así que cando creu que xa podía entrar entrou preguntando:

– Carolina, porque a pantasma aínda non cruzou ao outro mundo?

– Nin os bos días – díxolle Carolina – hai que ter máis educación.

Eva sentíase un pouco avergoñada, era o segundo día na mansión e xa fixera algo mal. Así que dixo:

– Perdón, bos días, por favor pódesme responder?

– Claro! Que cres? que non sei nada de ela? Dise que segue aquí porque lle quedou algo sen facer neste mundo.

Eva non cría o que escoitaba, como lle ía quedar algo sen facer a alguén a quen lle facían todo? Despois de que Carolina veu que Eva non sabía a resposta ao adiviñar deulle unha pista:

– Casar, ninguén se casou por ela. Pero para que marche tes que facer ti algo.

Eva si que non entendía esta parte do plan, así que sarcástica dixo:

– Como??? Que cres que vou falar con ela, sabes os horarios de visita?

Carolina mirouna como dicíndolle que si que tiña que falar con ela. Ao comprendelo Eva díxolle:

– Acompáñame por favor.

Carolina non podía deixar que unha rapaza fixera aquilo soa, así que asentiu coa cabeza. Ao chegar o momento sentáronse no sofá e pecharon os ollos, porque non podían vela, xa que se a miraban durmirían o sono eterno. De repente Eva sentiu unha presenza e dixo:

– Catalina Píntega, se estás aí contesta a esta pregunta, podemos abrir os ollos para verte?

Unha doce e encantadora voz dixo:

– Non sei … para que vindes??

– Vimos para axudarte, para que cruces ao outro mundo.

Non respondeu ninguén, ata que a mesma voz de antes dixo:

– Vale, pero antes avísovos de que non cruzarei sen o meu noivo.

– De acordo.

Cando Eva e Catalina abriron os ollos, viron a muller do cadro, non había nada diferente entre ela e aquela obra de arte. Eva dixo:

– Es moi guapa, ben imos …

Non lle deu tempo a acabar a frase, porque de repente do cadro saíu o noivo. Emocionada Catalina dixo.

– Tantos anos chamando por ti e respondes agora?

O noivo miraba cara ela con ollos de felicidade, e díxolle:

– Non podía saír do cadro por …

De repente alguén gritou “corten!!”, era o director que avisaba da hora de comer.

 

Adriana Quesada Ogando, 1º de ESO.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s