O xurado do concurso de Contos de Medo, composto por alumnado de 4º de ESO, concedeu o terceiro premio ao relato “Estrañas casualidades”, de Zayra García Rodríguez, alumna de 1º de ESO.
Estrañas casualidades
Sandra tiña 15 anos. Encantábanlle as historias de terror e de pantasmas e adoitáballas contar ás súas amigas do “cole” polas tardes ata que tiñan que marchar á casa case anoitecendo. Así pasaban moitas tardes. E sempre antes de volver á casa, as chicas avisaban a Sandra de que se logo non podían durmir “íanse enteirar“.
Unha tarde, facendo un traballo na casa de Lorena, relatou unha das súas historias. Era una historia realmente aterradora e Lorena quedou bastante asustada. Quería devolverlle a moeda. Así que díxolle:
– “Agora contareiche eu o que che vai pasar e verás que medo. Cando vaias para a casa un señor con maletín, vestido de negro e con bigote perseguirate para matarte.”
Sandra riu, pero ao regresar a historia rondáballe pola cabeza e andou cunha obsesión total. Aínda que o que realmente podía asustarlle sería un home cun maletín, vestido de negro e con bigote, e deses non houbo ningún polo camiño.
Chegou á casa e comprobou que o ascensor non funcionaba, e tivo que subir oito pisos a pé. Pero a metade de camiño sentiu as pernas caídas e case perde o equilibrio. Fronte á porta dunha casa, esperando o ascensor, había un señor traxeado de negro, con bigote e un maletín. Cos nervios a flor de pel, case a punto de gritar, correu escaleiras arriba sen pararse a pensar se o home a seguía.
Que aterradoras poden ser as casualidades! Ou foi una visión de Lorena? Quen sabe…… o seguinte podes ser ti!
Zayra García Rodríguez, 1º de ESO.