No IES Campo de San Alberto celebramos o día da Ciencia en Galego o día 11 de Novembro ás 16:20 h. O acto foi organizado polo Departamento de Física e Química e dirixido ao alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.
Dado que este curso se recomendaba relacionar Arte e Ciencia, solicitamos a colaboración de Margarita Cimadevila, pintora e profesora de Física e Química no Instituto “Urbano Lugrís” de A Coruña. Natural de Sada (A Coruña), Margarita iniciou a súa obra pictórica con temas relacionados coa cultura galega e o mar; pero a raíz dunha estancia no CERN, Centro Europeo de Física de Partículas e, dentro das actividades da Escola Internacional para profesores, comezou a inspirarse nos apuntes e charlas que alí recibía.
Na súa conferencia, titulada “Science, Art and CERN”, a profesora describíunos a súa experiencia no CERN, onde estivo becada por un mes e, a cambio, tería que facer una labor de difusión do propio CERN no seu lugar de orixe. Cumpriu este compromiso amplamente integrando conceptos de Física e Química dentro da súa obra pictórica.
En case todas as súas obras aparecen caracoles mariños (influencia da súa orixe na beiramar), así como diferentes contidos de Física e Química: os símbolos dos elementos químicos, a táboa periódica, electróns, neutrinos e outras partículas elementais, as ecuacións de Planck, Einstein, a radiactividade …
Agradecemos a Margarita a súa participación neste acto cultural.