No ano 1300 a.C., en Esparta, Grecia, reinaba xunto á súa muller Ydiana Aguilán, un rei sabio, poderoso e forte que tiña tres fillos e una única filla á que tiña un cariño inmenso.
Os tres fillos, Echios, Zahal e Doniso, eran bravos e fortes guerreiros que encabezaban xunto co seu pai todas as conquistas de territorios polo mar Detis (o actual mar Mediterráneo).
Lania, a súa filla, era una fermosísima rapaza de dezaseis anos, con roibos cabelos cal máis claro atardecer, ollos verdes cal esmeraldas, pel branca coma a neve que cobre os campos en inverno e beizos vermellos cal máis colorida rosa de primavera.
Os seus pais íana casar cun home, ó cal non amaba, pola importancia da familia do mozo. O mozo chamábase Tímburr e era fillo dunha poderosa familia de Atenas. Timburr ía detrás de Lania dende había tempo e, tras comentárllelo aos seus pais, pactaron o matrimonio entre os seus fillos.
O que eles no sabían era que Lania estaba namorada dun rapaz co que se encontraba cada lúa chea, Eric, que tiña un ano máis ca ela, pelo loiro coma o sol, ollos azuis e profundos coma o océano e pel dunha cor caramelo moi atractiva. O único dato que a rapaza descoñecía del era a súa nacionalidade, que el sempre gardaba no máis estrito segredo, e non era para menos! …
O RAPAZ ERA FILLO DO INIMIGO Nº 1 DE SEU PAI! Loquitus, o pai de Eric, era o emperador do gran imperio Persa que intentaba conquistar todo o territorio grego comezando polas máis importantes cidades (Atenas,Esparta e Delfos).
A unión en matrimonio de Lania e Tímburr, aliaría a Esparta e Atenas contra os Persas favorecendo así a vitoria dos helenos. Se polo contrario casara con Eric, cousa que nunca permitirían os seus pais, Persia e Esparta uniríanse nunha soa formando así Persia parte de Grecia.
Esa noite, había lúa chea e, polo tanto, Lania reuniríase con Eric. Cando xa ía saír da casa, Zahal, o seu irmán maior, viuna e decidiu seguila. Cando Lania chegou onda Eric, el contoulle toda a historia sobre quen era e de onde viña, mais a Lania xa non lle importaba máis ca o que sentía por el.
Ignorando que o seu irmán andaba a vixiala, bicou nos beizos a Eric e, despois duns vintecinco minutos, regresaron cada un polo camiño por onde viñeran, mais cando ela se encamiñara, Zahal revelara a súa posición e todo o que lles escoitara dicir.
Ela suplicoulle o seu silencio pero este non puido compracer os desexos da súa irmá menor e, á mañá seguinte, contóullelo todo aos seus pais. Estes pediron audiencia con Loquitus e, despois de “poñer as cartas enriba da mesa”, expuxeron, con desacordo, as súas opinións.
Por un lado Ydiana e Loquitus non tiñan inconveniente pero Aguilán era demasiado orgulloso como para ver a súa filla pequena casada co fillo do seu inimigo.
Pasaron os días e as semanas e Ydiana conseguira convencer a seu marido de que o único que de verdade importaba, máis ca o orgullo, era a felicidade da súa filla e, despois de poñerse de acordo con Loquitus, celebraron a voda en Grecia.
Cando estaban a piques de acabar coa cerimonia, un home levantouse do seu asento e acercouse rapidamente a Lania agarrándoa polo abdome e dispoñendo un coitelo fronte do seu pescozo. Era Tímburr! O celoso ex prometido de Lania . Quería chafar a voda por ser substituído por un príncipe persa e, antes de que o rapaz puidera facer movemento algún, baixou do ceo unha resplandecente e cegadora luz que se transformou rapidamente nun ser masculino perfecto de aspecto divino.
A divindade, mirou enfurecido a Tímburr e a continuación dixo: “Eu son Eros, deus do amor, fillo de Afrodita, e veño ver unha cerimonia de matrimonio, non un asasinato”. Despois de dicir isto estendeu o brazo cara a eles e, de debaixo da Terra saíron dúas mulleres vestidas só co que semellaba a parte de arriba dun traxe de baño e un pantalón que só tapaba a parte de arriba da perna e unhas túnicas vermellas con carapucha que usaban para tapar a face. Eros deulles a orde de encerrar a Tímburr no cárcere e elas e o rapaz desapareceron nun pequeno e potente resplandor. Despois diso casaron e uniron nun só o imperio persa e o reino espartano, chamado Nemaria. Cando rematou a celebración, foron xantar e observaron con gran ledicia como acudiran ó banquete cidadáns gregos e persas e incluso deuses, ninfas e demais seres máxicos.
Dise que esa celebración foi tan importante para a historia de Grecia que actualmente en Esparta,Grecia hai unha cidade chamada Nemaria que fai honor ao matrimonio de Lania e Eric.