1º Premio do Concurso de Contos de Amor 2014.
CARMIÑA
Xoán é un rapaz que ten 14 anos e tamén hoxe está triste , porque vai ir á casa da avoa e alí, hai seis días, morrera por un ataque ao corazón. O neno só coñeceu esta avoa, chamada Carmiña, pois os outros morreran antes de que o neno nacera.
Xoán entrou na casa de Carmiña para recoller as pertenzas. A avoa vivía nunha casa de aluguer, fronte á casa de Xoán, porque hai moitos anos vivía nos Ancares e, como se fixo vella e non tiña moitos veciños, decidiu alugar un fogar para estar cerca da casa do seu neto.
Volvendo co tema, Xoán entrou na casa da avoa e viñéronlle os recordos que tiña, cando saía da escola e ía á casa dela. Ademais, a avoa dicíalle que primeiro era merendar, logo facer os deberes e finalmente xogar.
El cando xa acababa os deberes, xogaba coa avoa ás cartas e a outros xogos de mesa. Tamén xogaban ao xadrez, aínda que ela lle dicía que era moi vella para xogar a ese xogo.
Tamén recorda moi ben cando ían os amigos tomar o chocolate que lles facía a avoa, mentres tanto, ela contáballes historias de cando era pequena e vivía na aldea.
Os amigos de Xoán foron ao enterro da avoa, pois aínda que non era a súa avoa, para eles si que o era de corazón.
Non era un desamor sen cura, Xoán ten que tirar para adiante aínda que lle falte un dos amores máis importantes para a súa idade: o agarimo dunha avoa que é insubstituíble, que el xa non o vivirá nunca máis pero que lembrará sempre.
Antón A. Pérez Vázquez (1º ESO)