UN AMOR MOI ESPECIAL

3º Premio do Concurso de Contos de Amor
 

UN AMOR MOI ESPECIAL

 

Chámome Galleta, un can que tivo unha gran historia de amor. Vóuvola contar. Eu era un pobre canciño que vivía nun vertedeiro onde me abandonaran os meus donos. Non tiña comida e ningún fogar que me apreciara. Era invisible.Un día estaba camiñando pola rúa para buscar algo de comer e de súpeto, choquei cunha cadela da que, nada máis vela, xa me namorei. Era de cor marrón, tiña un laciño rosa e unhas orellas moi grandes. Ía vestida cun traxeciño de cor malva que lle quedaba estupendamente. Decidín seguila para que se fixase en min e poder vivir unha aventura amorosa con ela. O malo foi que, cando me acerquei, a súa dona deume unha patada porque estaba moi sucio e pensaba que a ía morder. Pouco despois marchei moi triste ao vertedeiro a durmir.

Non sei como aconteceu pero á mañá seguinte, despertei nun fogar. Eu alegreime moitísimo ao ver que por fin tiña alguén que me quería e ma daba cariño. Xa tiña un novo dono. Era un empresario simpático e amable. Tiña polo menos trinta anos. Vivía el só nun apartamento e todos os días saía a traballar. Gustáballe moito ver na televisión conmigo, películas de acción. Como era de cor dourada e me gustaban moito as galletas, púxome de nome Galleta.

Un día calquera saín con el a dar un paseo e atopei outra vez a cadela. Agora ía vestida cun chaleco verde e unhas botiñas de cor azul. Tiña un colgante no pescozo que poñía o seu nome: Púrpura. Acerqueime a ela, miroume ós ollos e ela tamén se namorou de min. Tirei un pouco do meu dono pero el tiña máis forza e non conseguín acercarme. Ao día seguinte saímos ao parque e alí nos sentamos nun banco. A dona de Púrpura chegou con ela e sentouse ao noso lado. O meu dono e ela miráronse, e tamén se namoraron. Estiveron falando e os dous eran solteiros. Escapeime coa cadela a vivir unha aventura de amor, pero afastámonos moito e perdémonos. Un neno que andaba por alí e nos coñecía, entregounos á Policia Local e os nosos donos fóronnos buscar. Os catro estabamos namorados e fixémonos mozos. Fomos vivir todos xuntos a unha pequena casa.

E aquí remata esta historia tan amorosa.
 

FIN

Irene Dios Pérez (1º ESO)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s