O xoves día 8 de Maio os alumnos de 3º de ESO asistimos a unha charla sobre o sistema solar, impartida por Pedro Pablo Campo, do Observatorio Astronómico «Ramón María Aller» da Universidade de Santiago.
Pareceunos unha charla tan interesante e amena que se nos fixo curta pois gustaríanos que durase aínda máis.
Estaba moi ben preparada, con imaxes que reflectían perfectamente o que se estaba explicando.
Quedounos moi clara a influencia que ten a lúa nas mareas. Tamén comprendemos grazas a esta charla a desaparición de Plutón como planeta e por que non pode haber vida nos planetas excepto en Marte do que nos impactou moito a existencia do monte Olimpo e que podía ser reflexo da Terra dentro duns anos.
Descubrimos que hai zonas claras e escuras no Sol dependendo da temperatura e que en Venus é imposible a vida.
Gustaríanos que falase un pouco máis da Terra.
Recomendamos esta charla a todos os alumnos pois está feita nunha linguaxe moi adaptada ao noso nivel.