Como cada ano facemos a edición dos contos de Medo e Amor do alumnado que conseguiu algún premio nos certames celebrados no centro polo EDLG. Esta é unha maqueta do resultado final que se pode atopar en papel no centro.
Contos de Amor
UN AMOR MOI ESPECIAL
3º Premio do Concurso de Contos de Amor
UN AMOR MOI ESPECIAL
Non sei como aconteceu pero á mañá seguinte, despertei nun fogar. Eu alegreime moitísimo ao ver que por fin tiña alguén que me quería e ma daba cariño. Xa tiña un novo dono. Era un empresario simpático e amable. Tiña polo menos trinta anos. Vivía el só nun apartamento e todos os días saía a traballar. Gustáballe moito ver na televisión conmigo, películas de acción. Como era de cor dourada e me gustaban moito as galletas, púxome de nome Galleta.
Un día calquera saín con el a dar un paseo e atopei outra vez a cadela. Agora ía vestida cun chaleco verde e unhas botiñas de cor azul. Tiña un colgante no pescozo que poñía o seu nome: Púrpura. Acerqueime a ela, miroume ós ollos e ela tamén se namorou de min. Tirei un pouco do meu dono pero el tiña máis forza e non conseguín acercarme. Ao día seguinte saímos ao parque e alí nos sentamos nun banco. A dona de Púrpura chegou con ela e sentouse ao noso lado. O meu dono e ela miráronse, e tamén se namoraron. Estiveron falando e os dous eran solteiros. Escapeime coa cadela a vivir unha aventura de amor, pero afastámonos moito e perdémonos. Un neno que andaba por alí e nos coñecía, entregounos á Policia Local e os nosos donos fóronnos buscar. Os catro estabamos namorados e fixémonos mozos. Fomos vivir todos xuntos a unha pequena casa.
E aquí remata esta historia tan amorosa.
FIN
Irene Dios Pérez (1º ESO)
NEMARIA
2º Premio do Concurso de Contos de Amor
NEMARIA
No ano 1300 a.C., en Esparta, Grecia, reinaba xunto á súa muller Ydiana Aguilán, un rei sabio, poderoso e forte que tiña tres fillos e una única filla á que tiña un cariño inmenso.
Os tres fillos, Echios, Zahal e Doniso, eran bravos e fortes guerreiros que encabezaban xunto co seu pai todas as conquistas de territorios polo mar Detis (o actual mar Mediterráneo).
Lania, a súa filla, era una fermosísima rapaza de dezaseis anos, con roibos cabelos cal máis claro atardecer, ollos verdes cal esmeraldas, pel branca coma a neve que cobre os campos en inverno e beizos vermellos cal máis colorida rosa de primavera.
Os seus pais íana casar cun home, ó cal non amaba, pola importancia da familia do mozo. O mozo chamábase Tímburr e era fillo dunha poderosa familia de Atenas. Timburr ía detrás de Lania dende había tempo e, tras comentárllelo aos seus pais, pactaron o matrimonio entre os seus fillos.
O que eles no sabían era que Lania estaba namorada dun rapaz co que se encontraba cada lúa chea, Eric, que tiña un ano máis ca ela, pelo loiro coma o sol, ollos azuis e profundos coma o océano e pel dunha cor caramelo moi atractiva. O único dato que a rapaza descoñecía del era a súa nacionalidade, que el sempre gardaba no máis estrito segredo, e non era para menos! …
O RAPAZ ERA FILLO DO INIMIGO Nº 1 DE SEU PAI! Loquitus, o pai de Eric, era o emperador do gran imperio Persa que intentaba conquistar todo o territorio grego comezando polas máis importantes cidades (Atenas,Esparta e Delfos).
A unión en matrimonio de Lania e Tímburr, aliaría a Esparta e Atenas contra os Persas favorecendo así a vitoria dos helenos. Se polo contrario casara con Eric, cousa que nunca permitirían os seus pais, Persia e Esparta uniríanse nunha soa formando así Persia parte de Grecia.
Esa noite, había lúa chea e, polo tanto, Lania reuniríase con Eric. Cando xa ía saír da casa, Zahal, o seu irmán maior, viuna e decidiu seguila. Cando Lania chegou onda Eric, el contoulle toda a historia sobre quen era e de onde viña, mais a Lania xa non lle importaba máis ca o que sentía por el.
Ignorando que o seu irmán andaba a vixiala, bicou nos beizos a Eric e, despois duns vintecinco minutos, regresaron cada un polo camiño por onde viñeran, mais cando ela se encamiñara, Zahal revelara a súa posición e todo o que lles escoitara dicir.
Ela suplicoulle o seu silencio pero este non puido compracer os desexos da súa irmá menor e, á mañá seguinte, contóullelo todo aos seus pais. Estes pediron audiencia con Loquitus e, despois de “poñer as cartas enriba da mesa”, expuxeron, con desacordo, as súas opinións.
Por un lado Ydiana e Loquitus non tiñan inconveniente pero Aguilán era demasiado orgulloso como para ver a súa filla pequena casada co fillo do seu inimigo.
Pasaron os días e as semanas e Ydiana conseguira convencer a seu marido de que o único que de verdade importaba, máis ca o orgullo, era a felicidade da súa filla e, despois de poñerse de acordo con Loquitus, celebraron a voda en Grecia.
Cando estaban a piques de acabar coa cerimonia, un home levantouse do seu asento e acercouse rapidamente a Lania agarrándoa polo abdome e dispoñendo un coitelo fronte do seu pescozo. Era Tímburr! O celoso ex prometido de Lania . Quería chafar a voda por ser substituído por un príncipe persa e, antes de que o rapaz puidera facer movemento algún, baixou do ceo unha resplandecente e cegadora luz que se transformou rapidamente nun ser masculino perfecto de aspecto divino.
A divindade, mirou enfurecido a Tímburr e a continuación dixo: “Eu son Eros, deus do amor, fillo de Afrodita, e veño ver unha cerimonia de matrimonio, non un asasinato”. Despois de dicir isto estendeu o brazo cara a eles e, de debaixo da Terra saíron dúas mulleres vestidas só co que semellaba a parte de arriba dun traxe de baño e un pantalón que só tapaba a parte de arriba da perna e unhas túnicas vermellas con carapucha que usaban para tapar a face. Eros deulles a orde de encerrar a Tímburr no cárcere e elas e o rapaz desapareceron nun pequeno e potente resplandor. Despois diso casaron e uniron nun só o imperio persa e o reino espartano, chamado Nemaria. Cando rematou a celebración, foron xantar e observaron con gran ledicia como acudiran ó banquete cidadáns gregos e persas e incluso deuses, ninfas e demais seres máxicos.
Dise que esa celebración foi tan importante para a historia de Grecia que actualmente en Esparta,Grecia hai unha cidade chamada Nemaria que fai honor ao matrimonio de Lania e Eric.
FIN
Gabriel Lago Amado (2º ESO)
CARMIÑA
1º Premio do Concurso de Contos de Amor 2014.
CARMIÑA
Xoán é un rapaz que ten 14 anos e tamén hoxe está triste , porque vai ir á casa da avoa e alí, hai seis días, morrera por un ataque ao corazón. O neno só coñeceu esta avoa, chamada Carmiña, pois os outros morreran antes de que o neno nacera.
Xoán entrou na casa de Carmiña para recoller as pertenzas. A avoa vivía nunha casa de aluguer, fronte á casa de Xoán, porque hai moitos anos vivía nos Ancares e, como se fixo vella e non tiña moitos veciños, decidiu alugar un fogar para estar cerca da casa do seu neto.
Volvendo co tema, Xoán entrou na casa da avoa e viñéronlle os recordos que tiña, cando saía da escola e ía á casa dela. Ademais, a avoa dicíalle que primeiro era merendar, logo facer os deberes e finalmente xogar.
El cando xa acababa os deberes, xogaba coa avoa ás cartas e a outros xogos de mesa. Tamén xogaban ao xadrez, aínda que ela lle dicía que era moi vella para xogar a ese xogo.
Tamén recorda moi ben cando ían os amigos tomar o chocolate que lles facía a avoa, mentres tanto, ela contáballes historias de cando era pequena e vivía na aldea.
Os amigos de Xoán foron ao enterro da avoa, pois aínda que non era a súa avoa, para eles si que o era de corazón.
Non era un desamor sen cura, Xoán ten que tirar para adiante aínda que lle falte un dos amores máis importantes para a súa idade: o agarimo dunha avoa que é insubstituíble, que el xa non o vivirá nunca máis pero que lembrará sempre.
Antón A. Pérez Vázquez (1º ESO)
Premiados no Concurso de Contos de Amor
O pasado venres 28 de Febreiro entregamos os premios aos autores dos relatos escollidos polo alumnado de segundo de Bacharelato que fixo de xurado.
A decisión foi unánime para a sensibilidade do conto de Antón Pérez (1º ESO), que se levou o primeiro premio pola emoción e sensibilidade do seu relato.
Do conto de Gabriel Lago (2º ESO) o xurado destacou a súa orixinalidade e imaxinación polo que foi merecedor do segundo premio.
O relato de Irene Dios (1º ESO) co terceiro premio, encandilounos pola historia tan simpática que nos conta e o ben fiada que está.
A todos eles a nosa noraboa!!!
Iremos poñendo os relatos no blogue para que poidades lelos en breve.
EDLG