XX Certame literario «Alberto Romasanta»

 
cartel_certame-literario-2014
 

BASES DO CERTAME LITERARIO «Alberto Romasanta»” 2014

 
a.- Poderán concorrer a este certame literario os alumnos e alumnas matriculados/as en calquera dos dous centros educativos no presente curso académico 2013-2014.

b.- Establécense tres niveis de participación nas modalidades de RELATO e POESÍA:

NIVEL 1.- Alumnado PRIMEIRO CICLO da ESO.
NIVEL 2.- Alumnado SEGUNDO CICLO da ESO.
NIVEL 3.- Alumnado BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS.

c.- En cada nivel concederanse un primeiro premio (60 euros) e un segundo (30 euros) correspondentes ás modalidades de RELATO e  POESÍA. De estimarse oportuno, o xurado poderá outorgar algún accésit ou poderían quedar desertos.

d.- De cada traballo achegaranse tres copias mecanografadas dentro dun sobre pechado no que constará:

– LEMA ou PSEUDÓNIMO do alumno/a.
– NIVEL no que se participa.
– MODALIDADE (relato ou poesía).

Dentro do sobre grande irá outro máis pequeno pechado, co mesmo lema ou pseudónimo, onde se incluirá:

– NOME E APELIDOS.
– CURSO, GRUPO e CENTRO no que está matriculado/a.

e.- O tema e extensión serán libres e os traballos entregaranse nas Secretarías dos Institutos antes das 12:00 horas do día 24 DE ABRIL DE 2014. A entrega dos premios realizarase no IES Campo de San Alberto nun acto que se celebrará o día 16 de Maio.

f.- O xurado estará formado por membros dos EDLG e o seu fallo será inapelable.

g.- A presentación ao Certame, implica a aceptación das devanditas bases.
 

Noia, marzo de 2014

Alumnas de EBI cóntannos o antroido

O profesor de EBI Xesús Vila traballou a oralidade coas súas alumnas para levar a cabo unha actividade interxeracional consistente na narración se como era o antroido na súa xuventude.

Así llelo contaron ao alumnado da ESA (e ao de 4º ESO dentro do programa Comenius Regio.

Antroido-EBI

Presentación da revista Entrepontes

O día 21 de Febreiro tivo lugar a presentación da revista «Entrepontes».

O acto estivo conducido pola profesora Chefa Lorenzo, coordinadora da revista, acompañada por Aurora Marco, ensaísta galega e catedrática de Lingua e Literatura Galegas na Facultade de Ciencias da Educación en Santiago.

Aurora Marco eloxiou o traballo cooperativo da revista e repasou o papel da escola na súa vida, dende a educación primaria, coa súa nai, pasando pola secundaria no Instituto Rosalía de Castro, do que comentou detalles relacionados coas materias que se impartían naquel tempo e con profesores como Antón Fraguas ou Gonzalo Anaya.

A continuación a profesora, que vén de publicar a obra «Mulleres na guerrilla antifranquista galega» (Laiovento, 2011), centrouse na revista, que nesta edición está elaborada fundamentalmente por mulleres, para falar do papel destas na nosa sociedade, dende os anos que relata no seu ensaio ata hoxe, en especial na comarca de Noia.

No acto tamén interviron a nosa xefa de estudos, Mª Xosé Costa e a alumna María Sacido, que comentou a súa experiencia na elaboración da reportaxe sobre a mina de Corcoesto.

Dolores Rodríguez, profesora de Física e Química

Enlaces de interese:

Blogue de traballo da revista

Noticia do acto da presentación en Barbanza TV

Premio en Ciencia que Conta

O alumno de 1º de ESO Antón Alexandre Pérez Vázquez obtivo un premio accésit na categoría Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria do concurso de relatos de divulgación científica Ciencia que Conta, organizado pola Universidade de Vigo.

Parabéns Antón!

Entrega dos premios ciencia que Conta

Gala de Entrega de Premios Ciencia que Conta 2013

Velaquí o conto:

Portada_O-Garfo_219
 
Ola son un garfo! E agora estou vivindo na casa dos Pérez. Pero … queredes saber como cheguei ata aquí? Pois aquí tedes a historia da miña vida.

Primeiro presentareivos aos meus pais. Son o ferro e o carbono. Son minerais que vivían na Terra, pero que non se coñecerían, senón fose porque os seres humanos decidiron que estaría ben que se xuntasen. Menos mal que foi así, porque se non eu non estaría agora aquí. Porque si, acertastes, eu nacín desa unión, ben en realidade chámase unha aliaxe. E o resultado dela é o aceiro.

Pero antes de chegar a ser como me vedes agora aínda ten que pasar un tempo. Logo da aliaxe os humanos levan aos meus pais a unhas fábricas, para que estean quentiños. Vaia, quen di quentiños di a uns 727ºC, o suficiente para que os meus pais minerais se fundan e acaben formando unhas estruturas cristalinas o bastante duras como para que eu, e mailos meus curmáns o coitelo e a culler, poidamos facer ben o noso traballo.

Xa que vos presentei aos meus pais e aos meus curmáns, tamén vos teño que dicir que na miña familia hai moitos máis membros, ata uns 20. Están o vanadio e o titanio, que me axudan a que eu sexa duro. Os meus tíos, o cromo e máis o níquel, evitan que eu me oxide, por iso tamén me podedes chamar “O inoxidable”. Non é por chulearme , pero os que temos un 12% de cromo na familia somos virtualmente inoxidables. Si, si, podédelo crer, porque así conseguimos unha capa de cromo que cubre o aceiro e protéxenos da oxidación.

Xa sabedes como veño ao mundo. Queredes coñecer agora cando apareceron os meus primeiros antepasados? Pois foi hai uns miles de anos. Ai! Como pasa o tempo! A min houbo quen me dixo que os meus primeiros antepasados viviron no tempo dos gregos, alá polo século IV a.C. Tamén hai quen di que non foi ata o século IX cando comecei a estar presente nas mesas para axudarlle aos humanos a comer; disque unha tal princesa bizantina, chamada Teodora, me puxo de moda.

E así ata agora. Eu e máis os meus irmáns, o do peixe e o das sobremesas, estamos repartidos por case todo o mundo.repartidos por case todo o mundo. Fáltanos por coñecer a China e a India, porque alí non nos necesitan para comer.

Eu estou contento cos Pérez. Trátanme ben, non me dobran, nin metiran ao lixo e úsanme para o que eu estou preparado. Como debe ser!

Ah, teño que deixarvos! Veñen buscarme para levarme á mesa, seica está a comida lista e sen min non poden empezar.

 

Antón Alexandre Pérez, 1º ESO.

Día da Biblioteca

Tal e como vimos facendo durante os últimos cursos, o EDLG colaborou co Equipo da Biblioteca na organización do Día da Biblioteca, que se celebrou coa lectura por parte do alumnado de 1º de ESO de fragmentos da obra “O Principiño” de Saint-Exupéry en Galego, Castelán, Inglés e Francés.

Dia-da-Biblioteca-2013_01

Dia-da-Biblioteca-2013_02

Dia-da-Biblioteca-2013_03

Comenius Regio

Con motivo da visita da delegación grega na visita preparatoria do Proxecto Comenius Regio, escollemos poemas de autores representativos da nosa literatura, como son Avilés de Taramancos e Díaz Castro, para recitar durante a travesía no barco da confraría de pescadores pola ría de Noia.

O alumnado de 4º de ESO tamén preparou textos para ilustrar o itinerario por Noia con parada obrigatoria para ler e comentar as figuras de Avilés e de María Mariño.

Comenius-Grecia_01

Comenius-Grecia_02

Comenius-Grecia_03

Día da Ciencia en Galego

No IES Campo de San Alberto celebramos o día da Ciencia en Galego o día 11 de Novembro ás 16:20 h. O acto foi organizado polo Departamento de Física e Química e dirixido ao alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

Dado que este curso se recomendaba relacionar Arte e Ciencia, solicitamos a colaboración de Margarita Cimadevila, pintora e profesora de Física e Química no Instituto “Urbano Lugrís” de A Coruña. Natural de Sada (A Coruña), Margarita iniciou a súa obra pictórica con temas relacionados coa cultura galega e o mar; pero a raíz dunha estancia no CERN, Centro Europeo de Física de Partículas e, dentro das actividades da Escola Internacional para profesores, comezou a inspirarse nos apuntes e charlas que alí recibía.

Na súa conferencia, titulada “Science, Art and CERN”, a profesora describíunos a súa experiencia no CERN, onde estivo becada por un mes e, a cambio, tería que facer una labor de difusión do propio CERN no seu lugar de orixe. Cumpriu este compromiso amplamente integrando conceptos de Física e Química dentro da súa obra pictórica.

En case todas as súas obras aparecen caracoles mariños (influencia da súa orixe na beiramar), así como diferentes contidos de Física e Química: os símbolos dos elementos químicos, a táboa periódica, electróns, neutrinos e outras partículas elementais, as ecuacións de Planck, Einstein, a radiactividade …

Agradecemos a Margarita a súa participación neste acto cultural.

Dia-da-Ciencia-en-Galego

Samaín

samhain13_01

O pasado mércores día 30 de outubro celebrouse o samaín. A quinta hora, o alumnado de 1º e 2º da ESO, reuniuse no salón de actos, a celebrar o samaín e a entrega de premios, o máis emocionante, había cartos !!!!! Eu estaba todo contento con que me tocara, pero resulta que a ninguén de 2º lle tocou, parece mal que non lle tocara a ninguén 😦

Despois, procedeu a entregar os premios das cabazas de magosto, tocoulle a María Creo de 2º da ESO. Máis tarde fomos ao magosto, as castañas estaban quentes !!! Unha nena queimoume con unha.

Álex, 2º ESO.

samhain13_03

samhain13_02